Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
Bruxa descoidada, bruxa chamuscada

Moti

Compartir:

Diante dos seus narices, diante das verrugas dos seus narices, diante dos pelos das verrugas dos seus narices... "A Irmandade das bruxas do bosque de Terragrís" anda revolta diante das estrañas desaparicións que están acontecendo na comarca.
Alguén ou ALGO está detrás deste misterio... De confirmarse os peores temores podería supor a extinción de todas as bruxas e, xa se sabe... Bruxa descoidada, bruxa chamuscada!
Bruxarella, a máis intrépida integrante da Irmandade non está disposta a deixarse atacar deste xeito e, xunto cos seus máis fieis amigos, emprenderá unha minuciosa investigación. O que ela non sabe é que todo se trata dunha escura vinganza.
 
Recollemos a inspiración que nos deixou a deliciosa lectura de Bruxarella de Iban Barrenetxea para compoñer e trasladar ao teatro unha trepidante aventura chea de suspense, calcetíns raiados, conspiracións e madalenas de arándanos. Esta aventura protagonizada por unha bruxa nada convencional déixanos un sorriso permanente e gañas, moitas gañas, de averiguar con ela e cos seus compañeiros de viaxe, as razóns últimas de tan misteriosa ameaza.
Unha peza sobre as cousas importantes da vida como a amizade, o amor propio e os calcetíns.
 
Data/s:
02 Xan 2022
Hora/s:
17:00, 19:00
Duración:
50 minutos
Descanso:
Non
Público:
Familiar
Idioma/s:
Galego

Organiza / patrocina

Colabora

CAMPUS DE OURENSE - UNIVERSIDADE DE VIGO, SARABELA TEATRO

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar