Os nenos da guerra. Un iraquí sae das paredes da antiga Babilonia para tentar expresar a súa tristura por todo o que o seu pobo sufríu desde aqueles tempos e ata a invasión de 2003, e para delatar aos invasores, ditadores, traidores e todos aqueles que participaron nesa destrución. Un home, un neno, un ser de Irak que non coñeceu máis que os pesadelos da inxustiza e as guerras, pero, a pesar diso, segue empeñado en manter a súa dignidade, a súa identidade, a súa humanidade, o seu soño e a súa esperanza en poder lograr unha vida e un mundo máis tranquilos e máis humanos, un mundo de paz e de amor. O texto é unha selección de versos de varios poetas iraquíes.
CAFÉ AURIENSE, ACPP (ASEMBLEA DE COOPERACION POLA PAZ), LICEO OURENSÁN, ICC WEEK