Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Música
CONCERTO | DANIEL MINIMALIA

Compartir:

Daniel Minimalia regresa a Ourense dentro do fin de xira “Terra”, o seu último disco publicado co que conseguiu o Latín Grammy ao mellor álbum instrumental no ano 2020, converténdose así, no primeiro artista galego en ter o devandito galardón. Estados Unidos, España, Hungría, Suíza, Alemaña e proximamente China son algúns dos países nos que actuou este guitarrista e compositor que foi comparado con artistas como Gustavo Santaolalla, Mike Oldfield ou Yan Tiersen. Música de fusión que transita por xéneros tan diversos como o folk, rock, clásico, música andina e aires flamencos. Minimalia é o primeiro español gañador de dous Hollywood Music in Media Awards e é autor de cinco traballos discográficos: Akainik (2011), Contos Sonoros (2012), Areas de Luna (2014), Orixe (2016) e Terra (2020). Tamén é o autor do libro “A Música Que Levas Dentro” (2022).
Data/s:
26 Abr 2024
Hora/s:
20:00 h
Duración:
1 hora 30'
Descanso:
Non
Público:
Todos

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar