Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

CONCIERTO DE ELI “PAPERBOY” REED, PRESENTACIÓN DE SU DISCO "Hits and Misses"

Música
CONCIERTO DE ELI “PAPERBOY” REED, PRESENTACIÓN DE SU DISCO

Compartir:

"Hits and Misses", unha nova colección dese venerado compositor e gardián da esencia das músicas tamén denominadas Soul, Rhythm and Blues e Americana: Eli Paperboy Reed.
A pesar da súa mocidade conta cunha extensa bagaxe que abarca oito álbums nunha carreira que se estende preto de dúas décadas desde a súa máis tenra adolescencia. Estes bonus tracks facilmente poderían ser os singles de éxito doutro. Desde versións xenuinamente reinventadas que abarcan todos os xéneros ata os seus propios orixinais para bailar ou chorar de emoción.
"Hits and Misses" recompila cancións que, no seu maior parte só estaban dispoñibles en sinxelos de 45 rpm á venda na mesa de merchandising durante as xiras internacionais de Reed. O primeiro destes gravouse en 2009, xusto despois do álbum de lanzamento de carreira "Roll With You" e o último a principios de 2020, xusto antes do seu LP aclamado pola crítica de cancións de Merle Haggard "Down Every Road".
De feito, Reed probou a gravar cancións dun dos seus ídolos como Merle Haggard en "Hits and Misses" co sinxelo e sucio "Break Every Heart I Can". Tamén podedes escoitar a Reed probar sorte con cancións de Bob Dylan, Steely Dan, Motörhead, The Violinaires, Latimore, Le Moses e Jimmy Hughes.
Eli "Paperboy" Reed é Eli Husock (Boston 1982), un cantante e guitarrista de soul norteamericano. O seu mote "Paperboy" vén da súa forma de levar unha gorra que pertenceu ó avó e que lembra aos antigos repartidores de xornais dos Estados Unidos.
 Tras a frustrada xira prevista o pasado mes de setembro que tivo que pospoñerse polo covid, Eli paperboy Reed volve o próximo mes de abril para deleitar ós seus ansiosos fans con outra dose de incendiario soul-rock.


 
 
 
Data/s:
18 Abr 2024
Hora/s:
21:00 h.
Duración:
80'
Descanso:
Non
Público:
Todos

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar