THE MISSISSIPPI MASS CHOIR
“THE GOSPEL LEGEND TOUR”
Grandes do Gospel presentará no Nadal do 2024 “The Gospel Legend Tour”, a xira europea da gran coral norteamericana The Mississippi Mass Choir.
The Mississippi Mass Choir foi fundado en 1988 por Frank Williams, membro dos Jackson Southernaires e director executivo da división gospel de Malaco Records. O coro gravou o seu primeiro disco o 28 de outubro dese mesmo ano no Jackson Municipal Auditorium. Na primavera do 1989, con só cinco semanas no mercado, o disco situouse no Nº1 da lista de música Gospel de Billboard. O disco tamén foi Nº1 na lista de Cash Box.
Neste mesmo ano MMC foi votado Coro do Ano e Mellor Novo Artista do Ano na Convención James Cleveland de Nova Orleans. Tamén foron distinguidos nos Stellar Awards en catro categorías, Coro do Ano, Disco do Ano, Mellor Novo Artista e Mellor Vídeo de Gospel. Foi o preludio perfecto para un coro que acabaría facendo do mundo o seu escenario xirando continuamente polos Estados Unidos, Xapón, América Latina e Europa, sendo o primeiro grupo de gospel en actuar na Acrópole de Atenas.
1997 Grammy Award Best Gospel Album by a Choir or Chorus, "I'll See You in the Rapture"