Francisco José López Varona (
Madrid, xullo de
1957) coñecido artísticamente como
Pancho Varona é un
compositor e
músico español.
Aínda que pertenceu á extinta banda Viceversa, é especialmente coñecido por acompañar desde principios dos oitenta ata 2020 ao
cantautor jienense Joaquín Sabina para quen, en compañía de
Antonio García de Diego, colaborou en parte da composición musical de moitos dos seus temas máis populares, ademáis de participar nas súas xiras. En 1995 editou o seu único disco en solitario ata o momento, Pancho Varona.
Tamén compuxo a música de moitos temas para outros artistas, como
Ana Belén, e produciu algúns discos, entre eles varios de
Estopa, xunto a Antonio García de Diego. Así mesmo participou na banda sonora dalgunhas películas, como Sinatra (1988) ou
Como ser muller e non morrer no intento (1991).