Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Concierto
CONCIERTO  JUDITH HILL

Compartir:

JUDITH HILL é unha das artistas máis extraordinarias e carismáticas da escena musical actual, unha desas grandes voces americanas, que traballou con algunhas das figuras máis influentes da música contemporánea: Michael Jackson, Prince, Stevie Wonder, Elton John, Eric Clapton, Rod Stewart ou Spike Le son só algúns dos que buscaron o seu talento

Cantante, compositora, arreglista e multiinstrumentista, a súa carreira construíuse entre a excelencia artística e unha intensa experiencia vital que converteu no motor creativo dunha obra profundamente privado. Posuidora dunha voz poderosa, versátil e chea de matices, tamén foi considerada unha das coristas máis salientables da súa xeración. 

Comezou a súa traxectoria a principios dos 2.000 e na década seguinte consolido unha carreira xa en solitario marcada pola liberdade creativa e a mestura de xéneros, baseada nunha discografia de álbums apoiados por prensa e público entre os que se inclúen “Back in Time” (2015) —producido por Prince—, “Golden Child” (2018), “Baby I’m Hollywood!” (2021 e o seu último traballo “Letters from a Black Widow”, onde profunda nas dificultades que afrontou tras a morte de Michael Jackson e Prince, dous artistas icónicos que a elixiron para traballar con eles. Hill converte a dor, a presión mediática e os episodios traumáticos vividos tras as mortes de 2 lendas de tal calibre nunha poderosa obra conceptual de soul, funk, blues e góspel.

A súa proxección internacional chegou en 2009, cando interpretou “Heal the world" durante a homenaxe en memoria a Michael Jackson, unha actuación que impresionou ao público de todo o mundo e situouna definitivamente no panorama internacional. A súa historia e a doutras grandes coristas da música popular quedou reflectida no exitoso documental gañador do Óscar e Grammy award “20 Feet from Stardom”, onde Hill mostrou non só o seu extraordinario talento vocal, senón tamén a complexidade dunha carreira desenvolvida entre bastidores e escenarios lendarios.

Orixinaria de Los Ángeles e filla de músicos —a pianista xaponesa Michiko Hill e o recoñecido baixista e produtor afroamericano Pee Wee Hill—, sobre o escenario Judith Hill desprega unha presenza magnética e irresistible. A súa música combina a súa prodixiosa habilidade para a composición e os arranxos, sofisticación e intensidade emocional e unha enerxía funk irresistible, mentres a súa poderosa voz e o seu virtuosismo instrumental converten cada concerto nunha experiencia profundamente vibrante, íntima e catártica.
Data/s:
05 Nov 2026
Hora/s:
20:00
Descanso:
Non
Público:
Adulto

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar