Un proceso de crise profunda afecta á sociedade moderna de comezos do século XXI. É difícil discernir tanto a orixe como a extensión desta crise no mundo globalizado e extremamente interconectado. Realizamos un proceso de investigación a través de entrevistas e obradoiros de expresión corporal a persoas de distintas realidades da cidade de Coímbra, e mediante a procura e experimentación nos nosos corpos procúranse pistas para acadar unha maior comprensión sobre este proceso de transformación que estamos a vivir. É unha crise de conciencia, social, ecolóxica, familiar, tecnolóxica ou de valores? Sen dúbida todos coincidimos en que é unha crise económica. Deprime, adoece, desmoraliza, atemoriza ou dános valor e creatividade? Sen dúbida todos estamos afectados por esta crise pero... Cales son as mudanzas que o corpo humano experimenta nunha sociedade en crise? Como expresar este cambio a través do movemento?
TEATRO PRINCIPAL – DIPUTACIÓN DE OURENSE, CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA Y AGADIC, CONCELLO DE OURENSE