20 ANOS FACENDO TEATRO PARA TODA A FAMILIA. CARAMUXO TEATRO
“Crisálida†é o espectáculo número 25 da compañÃa, co que cumprimos 20 anos de traxectoria. Unha historia que leva varios anos na nosa cabeza e coa que queremos facer a nosa pequena homenaxe a esas persoas que crean comunidade, que fan que as nosas cidades teñan vida e sexan ricas en historias. Unha comedia sen texto, con catro actores, que representarán 12 personaxes. Un espectáculo de máscaras dirixido por Olga Margallo, gañadora de múltiples premios, Feten, Max e Premio Nacional de Teatro.
Os irmáns Seoane (Nieves e Fernando) correteaban alá polo 1942 pola mercerÃa A Crisálida, recentemente traspasada a súa nai.
A mercerÃa xa era, por aquel entón, unha das máis destacadas do comercio coruñés. Nela destacaban os seus escaparates, abarrotados de medias, mantillas ou mantóns. Pasados os anos, os Seoane tomaron o relevo da mercerÃa e convertéronse rapidamente nun dos máis queridos entre a clientela da céntrica rúa de San Andrés. Os irmáns parecÃan saÃdos dunha pelÃcula de Jean Pierre Jeunet. Cando pedÃas un botón, unha cremalleira ou un par de calcetÃns, desaparecÃan na trastenda; ó rato, aparecÃan cunha torre de caixas amarradas por unhas longas gomas elásticas, e cun ritmo de outro tempo, dispoñÃanse a ofrecer a súa ampla variedade de material. Ir á Crisálida significaba entrar noutra realidade, era «unha mercerÃa con atmosfera de museo ou gabinete de curiosidades», como a definiu Luis Pousa no seu relicario de rúas de Atlantic City.