Un viaxeiro chega a un hotel apartado que rexentan a súa nai e a súa irmá, das que estivo separado durante moitos anos. O seu plan é observalas e darlles unha sorpresa no caso, máis que probable, de que non lle recoñezan dado o tempo transcurrido. Pero estas mulleres levan anos dedicadas a asasinar os clientes solitarios e ricos que se aloxan no hotel para roubarlles e acumular, así, diñeiro abondo que lles permita escapar do seu destino nun país sen futuro. Tras cometer o asasinato desvélase o enigma e danse conta de que asasinaron ao fillo/irmán que regresaba ao fogar.