Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Unha tradución libre do título é El camareiro parvo, creo que o autor define moi ben as relacións humanas riscándoas de servidume estúpida. Quen se comunica connosco (e digo nós porque Ben e Gus somos nós, como Epi e Blas ou O gordo e o Flaco ou Don Quixote e Sancho Panza), Deus? A Mafia? O Xefe?¿os bancos? o meu pai? En calquera caso nos poñemos ao servizo de alguén ou algo que define o mundo como unha guerra continua entre os seres que o habitan mentres eles piden pratos combinados e nós na nosa parvada non entendemos que significa.
É moi simple, estanse a poñer morados, comen á nosa costa e ademais pagámoslles por iso. Pero a nosa parvada tamén é a nosa responsabilidade. Abre os ollos e mira a quen tes en fronte. Ao teu lado. No teu cuarto. Sempre me gustou imaxinar a atmosfera dese cuarto 10 minutos antes, e experimentar con esas pausas que nunca son reais en teatro, por antirrítmicas, e chegar a construír un mundo con elas, co silencio, cos ruídos. como che soan as tripas cando estás morto de medo?. A miña simpatía polo Montapratos nace de vela como un PESADELO CÓMICO, algo así como a vida. A primeira vez que a lin pensei en ETA, a banda terrorista, isto situoume no plano político e isto levoume ao persoal cal é o medo do asasino? e máis claramente cal é o medo entre irmáns?. Aínda non deseñei a posta en escena pero intúo que as canalizacións do soto berrarán e a parvada de Ben e Gus será a súa morte. Ao realismo desta obra vaille moi ben a frase de Ionesco: A vida do home é absurda, a súa traxedia ridícula”.
Colabora
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, AGADIC
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com