Un simio é cazado no seu entorno natural e traído a Europa para empregalo, segundo as súas habilidades, nun music hall ou envialo a un parque zoolóxico. O proceso de domesticación deste animal foi tan extraordinario que fora de toda previsión acaba impresionando a toda a comunidade científica. Tras 5 anos de evolución, á parte de ser capaz de falar, tamén conseguiu adquirir a cultura propia dun europeo medio. Diríxese aos membros da Academia para falarlles a modo de discurso, non da súa vida simiesca, que xa non pode lembrar ao quedar totalmente sofocada, senón do proceso de evolución que lle fixo chegar aos magníficos logros que agora todos se dispoñen a admirar e aplaudir. Este é o arranque maxistral do relato orixinal de Kafka.