Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
Emigrados

Miteu

Compartir:

En “EMIGRADOS” decidímonos por unha historia múltiple que, engarzada, constitúe un mosaico de pezas de distintos autores e autoras que, unha por unha, dende o tratamento específico da emigración, da inmigración, do retorno, do desenraizamento, compoñen un cadro xeral que permite apreciar nidiamente o drama individual e social que supón estoutro xeito de “exilio”.
Estamos a falar dun drama social (dende a suma de moitos dramas individuais), pero, aínda así, queremos trasladalo dende fóra do laio, dende a axilidade da linguaxe contemporánea, dende a ironía como vehículo de expresión (unha das formas máis sutís de “crueldade”) e sobre todo dende a “cercanía”, do achegamento a calquera espectador/a contemporáneo. Porque non se trata de facer un relatorio de sufrimentos e agravios, senón de falar dende hoxe de algo que fai parte da existencia de case todos os galegos e galegas de xeito individual e de todas e todos dende o
punto de vista da conciencia colectiva.
Data/s:
10 Mai 2022
Hora/s:
19:00
Duración:
60 minutos
Descanso:
Non
Público:
Adulto

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar