"Unha disección cirúrxica das relacións humanas". Coincidindo co envío e aterraxe do robot espacial Curiosity, Félix, un xuíz mozo, vese obrigado a abandonar a súa casa, afectada por unha praga de térmites, e instalarse durante uns días no seu antigo domicilio familiar. Os interrogatorios nos xulgados, así como a convivencia co seu pai, sacarán a relucir temas fundamentais, como a xustiza, o destino e as fontes da felicidade. “Lorca e Merino póñense ante a felicidade dun xeito dinámico, poético e cun estilo traxicómico, para falar de persoas que buscan resolver conflitos con outras persoas”. (Carlos Gil Zamora, Artez)