Un neno recibe o aviso de que seu avó vai quedar sen casa porque un banco lla quere quitar. A partir dese momento o neno ponse en marcha para atopar unha solución e nesta busqueda, descubrirá e aprenderá unha morea de cousas. Un desafihuzamento, unha historia cunha temática dramática levada a escea dende unha perspectiva divertida, deliberadamente inxenua e manifestamente positiva. Unha peza de teatro social e educativo onde os dereitos dos nenos e dos maiores, van máis ala do puramente artístico. Entendemos que os máis pequenos teñen dereito ao descanso, ao xogo, a realizar actividades propias da súa idade ... pero tamén entendemos que teñen dereito a participar plenamente dunha vida cultural e artística, a ser coñecedores do que pasa ao seu redor dunha maneira apropiada e en condicións de igualdade.
CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA E AGADIC