Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Música clásica
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA - A CLÁSICA HISTORIA

Compartir:

A Real Filharmonía de Galicia nace como un ambicioso proxecto cultural en Santiago de Compostela en 1996. Formada por 50 músicos, e un equipo administrativo de seis persoas, ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia. Baldur Brönnimann é, desde xaneiro de 2023, o director titular e artístico da formación e Sebastian Zinca o seu director asistente.
 
PROGRAMA:
 
Carl Philipp Emanuel Bach: Sinfonía en Mi menor H. 652 (W. 177) 
Franz Josep Haydn:  Concerto para clavecín en Re maior
Franz Josep Haydn: Concerto para violín e clave  Hob. XVIII:6, en Fa maior
Luigi Boccherini: Sinfonía en Do menor, Op. 41, G. 519
 
Alumno aventaxado do seu pai, Carl Philipp Emanuel Bach afástase do estilo do vello perruca, así chamado polo menor dos fillos, Johann Christian. Esa distancia reflíctese na modernidade da Sinfonía en mi menor, unha obra que explora un novo universo emocional, do que será mestre Joseph Haydn. Os seus concertos, eclipsados polo peso das sinfonías, sorprenden pola súa brillantez, como o Concerto para clave en re maior, un hit desde a súa publicación, ou o Concerto dobre para violín e clave en fa maior, de gran dificultade técnica, ocasión excepcional para gozar da mestría da artista en residencia, Amandine Beyer. Pecha o programa a Sinfonía en do menor de Luigi Boccherini, quen, tras pasar por París, instalouse en Madrid, onde morreu en 1805 logo dunha vida agridoce na Corte. Esta sinfonía é un bo exemplo das novidades expresivas do novo estilo clásico.
 
Data/s:
17 Out 2025
Hora/s:
20:00
Duración:
90´
Descanso:
Si
Público:
Todos

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar