Hai unha mensaxe que chega cada tanto tempo a esa periferia interior que é AQUÍ. Unha reserva onírica, un mundo estraño no que se misturan a falta de esperanza, a rabia contida e o hedonismo. O mensaxeiro é o último fío que une dous mundos irreconciliables. Pero hai unha complicidade dos contrarios que sempre acaban pagando os inocentes. Aquí en la tierra é unha traxicomedia do outro mundo. Unha distopía na que as xentes sen futuro dan renda solta aos seus instintos máis básicos. O espectador vai descubrindo, en clave policíaca, que se agocha baixo a aparente sensibilidade de quen mantén as tradicións, tralas bondades do bo salvaxe, na arcadia feliz das nosas orixes… Descubrilo pode ferir a nosa sensibilidade