BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente social e persoal a través da danza.
Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción que estamos a compartir aquí e agora bailando.
Danza, danza e máis danza, desde o humor, a graza. Vivir para a danza. A bailarina e creadora Marta Alonso presenta a súa propia historia na danza a través dunha nena que xoga e baila coa súa nai, dos seus primeiros movementos coa música dos anos 80 e 90, e o seu contacto co ballet clásico, finalizando esta viaxe na danza contemporánea, sen esquecer o sufrimento e dedicación que esixe esta disciplina.
Bailar agora é un espectáculo moi xeneroso, cheo de sorpresas, e que quere situarnos no tempo actual, cunha linguaxe humorística e danza moi física, para vivir o aquí e o agora bailando.