Daniel Minimalia regresa a Ourense dentro do fin de xira “Terra”, o seu último disco publicado co que conseguiu o Latín Grammy ao mellor álbum instrumental no ano 2020, converténdose así, no primeiro artista galego en ter o devandito galardón. Estados Unidos, España, Hungría, Suíza, Alemaña e proximamente China son algúns dos países nos que actuou este guitarrista e compositor que foi comparado con artistas como Gustavo Santaolalla, Mike Oldfield ou Yan Tiersen. Música de fusión que transita por xéneros tan diversos como o folk, rock, clásico, música andina e aires flamencos. Minimalia é o primeiro español gañador de dous Hollywood Music in Media Awards e é autor de cinco traballos discográficos: Akainik (2011), Contos Sonoros (2012), Areas de Luna (2014), Orixe (2016) e Terra (2020). Tamén é o autor do libro “A Música Que Levas Dentro” (2022).