Un músico ancián instrúe ao seu neto; a través da música transmítelle sabedorías e filosofías ancestrais. O tempo transcorre na aldea co mozo inmerso nas súas tradicións. Cumprindo co dito africano, «os días que fan medrar aos nenos son os mesmos que envellecen aos anciáns», o avó cae enfermo; como consecuencia da súa vellez comeza a perder a visión. O afán por curar ao seu avó fai que o rapaz tome a decisión de deixar a aldea e emigrar ás grandes cidades na procura do remedio. O mozo parte cara Europa -Sí beyêng- un mundo para el descoñecido, levando consigo unicamente o saber do seu pobo encerrado nas melodías e ritmos ancestrais.
- Título: EL PERCUSIONISTA
- Autor: Gorsy Edu Abaga
- Dirección: Gorsy Edu Abaga
- Elenco: Gorsy Edu Abaga
- Duración:
- 70 minutos
- Descanso:
- Non
Colabora
TEATRO PRINCIPAL – DIPUTACIÓN DE OURENSE, CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA Y AGADIC, CONCELLO DE OURENSE