¿Quen goberna España? ¿En que medida o poder político subordínase ou non ao económico? ¿Quenes teñen o poder económico en España? ¿Por que o teñen? ¿Desde cando? ¿Como o conseguiron? ¿Que influencia tivo o poder económico sobre o político nos sucesivos ciclos da nosa historia recente? Neste relato, teatralmente libre pero con vontade de rigor no informativo, vemos un trociño da vida dunha parella de clase media e, intercaladas, unha serie de escenas que, en orde cronolóxica, repasan someramente a historia do capitalismo español desde principios do século XX a través dalgúns protagonistas como Emilio Botín, Escrivá de Balaguer, Esther Koplowitz, Carlos March, Ana Botella, José María Aznar…