“Belleza y Perdón” é unha viaxe confesional de templos sacros e encomios á vida, de revolución e preguntas, de cancións como monólogos e música como terapia; mensaxes místicas e pagáns acompañados de ritmos e harmonías sacras.
Así é como Mastodonte vai interpretar os temas do seu último disco neste novo directo, usando o contacto físico co público para que a súa mensaxe poida brillar máis e a súa enerxía sacuda os corazóns.
Un novo espectáculo para o que se poñen a vestimenta de predicadores da verdade; unha verdade que vai en busca da Beleza e o Perdón, dous conceptos benditos para a cerimonia e especialmente conmovedores para Mastodonte. E esta nova verdade, inevitablemente, pon en discusión os dogmas relixiosos e os seus deuses -que foron creados polo home.