“Hai personaxes que non te abandonan. Que se che quedan pegados ás tripas como solitarias insaciables. Medea colonizoume por completo na montaxe de Andrés Lima para o Teatro de la Ciudad e necesita que a saque a pasear de novo. Eu necesítoo. Por iso, por unha cuestión de saúde, de hixiene mental e emocional, retomo nun formato máis íntimo esta traxedia eterna. A actriz fala co público, explica o porqué desta proposta, cóntalle o mito de Jasón e os Argonauas e , mesturando algo de lectura con moito de interpretación, dá voz a todos os personaxes, entre os cales emerxe Medea desposuída, poderosa, terrible e dolorosamente humana”. Aitana Sánchez Gijón