Se credes que precisades dos meus servizos non tedes máis que aturuxar, que desde O Pindo, escoito que flipas porque ten unha acústica bárbara. Sabedes quen son, non? Ben normal, nin puta idea, normal, ademáis indo de incognito menos, claro! Vouvos dar un par de pistas, como mínimo, agora que xa vedes a estrela encarnada xa o teredes mais claro non? Non, non son concelleira do Bloque. Igual é que como traballo en negro e hai que ser discreta pois non me recoñecedes. Eu son Chelo Garcia Naveira, máis coñecida como Naviza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e os meus poderes proveñen do sulfato¡ Ídesvos super-esperrechar de risa.