Os pais duns rapaces que asisten a uns cursos de natación infantil preséntanlle á directora do Centro as queixas sobre o inadecuado comportamento dun monitor, quen tratando de tranquilizar a un cativo, asustado ao ter que prescindir do “salvavidas” para lanzarse á piscina, abrazouno e deulle un bico, segundo lles contou aos pais unha nena compañeira de cursiño . O adestrador explica que o único que fixo foi intentar calmar a angustia do rapaz e axudalo a tranquilizarse, pero os pais non aceptan esa versión dos feitos e o conflito, lonxe de resolverse, non para de medrar.