Vinte anos despois de que a publicación de SÃbaris convertéseo na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor VÃctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada dÃa máis delicada.
Laura, a súa muller, anÃmao a aceptar unha invitación da Universidade da Sorbona, disposta, como tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do soado autor, pero a primeira aparición pública de VÃctor Morel en anos acaba nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo. Cando a vida dos Morel parece afundirse no desconsuelo, Laura atopa unha saÃda.
SÃbaris é a primeira obra de teatro escrita por Domingo Villar, autor de recoñecido prestixio das letras galegas, cuxas obras están traducidas a varios idiomas e foron adaptadas ao cinema e á televisión.