Un espectáculo de circo teatro e humor gestual. Un personaxe sen palabras, que esperta un aire de nostalxia. Un xogo coa escena, os obxectos e o público. Con esta premisa de xogo preséntase SEN REMITE que a través de técnicas como o teatro gestual, comedia slapsticko diferentes gags visuais, introdúcenos no seu particular mundo e achéganos a un oficio que cada vez nos parece mais afastado. Utiliza variadas técnicas de circo, escaleira libre, manipulación de obxectos, malabares de rebote e unha infinidade de solucións para os conflitos que se expoñen, que lle levasen mesmo a introducirse dentro dun globo xigante. Inspirado no cómico Frances Jacques Tati, e a súa curtametraxe L´Ecole du Facteurs (1947)