‘Tierra de fuego’ explora o concepto de viaxe arraigado a unha terra de lembranzas dun imaxinario feminino: unha terra onde o lume se mantén prendido como sinal de que aínda existe un fogar. A memoria viaxa polas raíces da historia propia e de distintas mulleres chilenas que emprenderon unha viaxe. Algunhas decidiron viaxar, outras foron obrigadas a facelo. Pero para cada unha delas ese tránsito significou transformación. Só nese momento non existe diferenza entre o presente e o pasado, mistúranse, penétranse e a palabra viaxe imprégnase dun profundo sentido de vida.
- Título: TIERRA DE FUEGO
- Autor: Carolina Pizarro
- Dirección: Julia Varley
- Duración:
- 60 minutos
- Descanso:
- Non
Colabora
CAFÉ AURIENSE, FUNDACIÓN JUAN SOÑADOR, C.R.D.O. RIBEIRO, ACPP (ASEMBLEA DE COOPERACION POLA PAZ)