Unha escritora dá unha conferencia ante unhas novas estudantes, en 1928. As súas palabras, irónicas e afiadas, son o relato vivo dun descubrimento: para dedicarse á literatura, unha muller necesita diñeiro e unha habitación propia. Só fai nove anos que se lle concedeu o voto á muller. A dinámica desta falsa conferencia é unha experiencia imaxinaria, vívida e humorística, que desemboca como un río inexorable nalgunhas das ideas máis intelixentes e de aparencia máis sinxela sobre o darse conta das mulleres do seu lugar no mundo, no momento mesmo en que está sucedendo a maior revolución social de todos os tempos: A igualdade de homes e mulleres ante a lei.