Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Música
Doug Mac Leod/Jean Toussaint & The Organ Three

Festival BLues TP

Compartir:

DOUG MAC LEOD naceu en Nova York en abril de 1946 e é coñecido e valorado en todo o mundo pola excelencia das súas composicións, a súa voz cálida e conmovedora, enxeño e toque máxico de guitarra, e as súas inesquecibles actuacións en vivo. Sobre os escenarios, coa súa voz, presenza e armado só coa súa guitarra, é onde mellor revela a súa gran capacidade para contar historias, levando aos personaxes do anónimo ao lendario ou a situalos na crúa vida real. 
Máis recentemente foi multipremiado nos Blues Music Awards de 2018 polo seu último traballo ' Break The Chain', como Mellor Álbum Acústico do Ano e nos de 2017 como Mellor Artista Acústico do Ano

JEAN TOUSSAINT  naceu en Saint Thomas, Illas Virxes, USA, en xullo de 1960. Comeza a súa carreira en combos locais de música Calypso e pronto se traslada a Nova York. A finais dos anos setenta se muda a Boston para mellorar a técnica do saxofón na prestixiosa Berklee College Of Music. Alí comezou a tocar xunto ao trompetista Wallace Roney, e de 1982 a 1986 forma parte de The Jazz Messengers, unha das formacións imprescindibles da historia do Jazz liderada por Art Blackey, sen dúbida entre os mellores bateristas de todos os tempos. Con eles gravou tres álbums de estudo, en 1984 “New York Scene”, en 1985 “ Blue Night” e en 1986 “ Feeling Good”. O álbum “New York Scene”, foi gañador dun Grammy á Mellor Interpretación Instrumental de Jazz. Durante ese período Toussaint tamén realizou xiras e gravacións con músicos da talla de Terence Blanchard, Lonnie Plaxico, Donald Harrison e Mulgrew Miller. En 1987 Toussaint viaxa a Europa fixando a súa residencia habitual en Londres. 
Dende entón desenvolveu unha gran carreira en solitario como líder dos seus propios proxectos, aínda que tamén foi recrutado para virar con históricos da magnitude de Wynton Marsalis, McCoy Tyner, The Gil Evans Orchestra, Max Roach, Horace Silver e Cedar Walton entre outros. 
Data/s:
09 Out 2021
Hora/s:
22:00 - 22:50
Duración:
120 minutos
Descanso:
Non
Público:
Adulto

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar