Dous veciños atópanse a miúdo no rellano da escaleira. Que pode chegar a ocorrer cando un deles descobre por internet que o outro é xudeu? Unha comedia asinada por un dos autores tráxicos franceses máis cómicos da súa xeración, Jean-Claude Grumberg, quen, mediante un diálogo incisivo entre os seus dous personaxes e a través dun irresistible e intelixentísimo humor, lévanos a interrogarnos sobre os temas máis importantes da condición humana: o compromiso ético, social e moral cun mesmo, con propios e estraños, coa lingua, a cultura, a historia. De onde somos? Quen somos? Que somos?.