HAMBRE: Música, teatro e gastronomía para encher espíritos, estómagos e conciencias… Unha divertidísima e sorprendente proposta multidisciplinar polas necesidades máis primitivas do ser humano que parte da máis famenta das novelas: El Quijote. Aí está todo, aí está a vida, a fame e as fames que atravesan a obra cervantina sen piedade. No século de ouro -e século da fame- os cómicos da legua tocaban música e contaban historias mentres o público comía e bebía durante a representación. Non cambiamos tanto. Propoñemos unha marabillosa viaxe cargada de humor para confirmar iso de que o riso é o alimento da alma e que a cultura é o único que nos pode salvar. Gocen.