Juana, a raíña que non quixo reinar, é o imaxinado, emocionante testemuño, de Juana I de Castela, máis coñecida como Juana la loca. Filla dos Reis Católicos, foi casada de adolescente contra a súa vontade e despois encerrada durante 46 anos pola única tolemia de ser muller antes que reina e defender o amor por encima do poder. Gemma Matarranz pon voz e corpo a unha Juana que rebusca entre o recordo e a desesperación para entender unha vida imposta polas necesidades dun Estado. O berro desgarrado e feroz de quen sobreviviu aos que teceron a súa tolemia.