Nunha bufarda de París....Kathie, a esposa do banqueiro, encérrase dúas horas ao día con Santiago, un escritor frustrado, para crear a súa novela de viaxes polo amarelo Oriente e a negra África. Ela conta as súas aventuras e o escribidor a soldo convérteas en literatura. Vargas Llosa, converte este enredo misterioso e confuso que fabrica incansable o noso cerebro, en puro teatro, nunha sorprendente comedia, en arte escénica...empúxanos a recoñecernos nesa dobre vida de verdades e mentiras que todos transitamos. Lévanos a gozar. E unha vez máis, volve comprometerse contra a ?peste machista?. Esta vez con humor e con dureza.