Un grito contra a violencia das guerras é a liña mestra da novela de Miguel Delibes
Las guerras de nuestros antepasados, publicada en 1975. Dende o nome do protagonista, “Pacífico”, ata o final terrible da obra, o autor valisoletano defendeu ó longo das súas páxinas a paz fronte á guerra e a non violencia como camiño de vida.
Como adaptador quixen destacar o carácter complexo de Pacífico Pérez, a súa submisión ós poderosos, a súa resignación case franciscana ante un destino gravado na súa memoria dende o berce coas historias das guerras que lle contaban o Abue, o Bisa e Pai.. Respetei o esquema orixinal da novela das sete entrevistas mantidas por Pacífico co psiquiatra da prisión. Nelas exprésase con plena liberdade e coa mellor linguaxe rural castelán, que con tanto acerto concedeulle o seu autor orixinal.
Eduardo Galán