2016 foi un ano moi especial para Yllana. Cumpriron 25 anos! E celebrárono como mellor saben facelo, cun novo espectáculo: “Lo mejor de Yllana”, que foi estreado no MIM de Sueca e no FIOT de Carballo (tamén de 25 aniversario). Un desternillante repaso sobre o escenario dos mellores momentos da traxectoria da mellor compañía de humor dos últimos anos; cunha selección dos mellores 25 sketches dos seus espectáculos. Un esmendrellante show que fará realidade o desexo dos fans de Yllana de gozar nun mesmo espectáculo dos gags que máis lles gustaron. Let’s rock! Let’s Yllana!