Corrupción e ambición, Yin e yan, home e muller, ben e mal... Parellas. É moi interesante que a Escocia medieval de Shakespeare encaixe tan ben na Galicia provinciana da actualidade, onde ambición e bruxaría van da man. Achegamos a Macbeth á nosa terra e costumes para ver con claridade como o desexo de poder e a superstición seguen sendo motores no ser humano, como a cobiza, a violencia e a falta de escrúpulos é escocesa, galega e universal, como homes e mulleres corrómpense por conseguir o poder e unha vez nas súas mans seguen corrompéndose para ter a seguridade de conservar ese poder, e de como unha vez corruptos de todo só quedan a tolemia e o medo. ¿Onde quedou a Vida que se ambicionou?