Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
LOS YUGOSLAVOS

Compartir:

Nos iugoslavos todo empeza cando un camareiro pide axuda a un cliente a quen viu levantar, con palabras, o ánimo doutro. O que o camareiro roga a ese descoñecido é que fale á súa esposa, a cal parece estar a se afundir na tristeza e o silencio. O camareiro espera que o cliente descubra as palabras salvadoras que el non é capaz de atopar para a súa muller.

Ela, á súa vez, camiña mapa en man pola cidade buscando un lugar que chaman Os iugoslavos, quizá outro bar onde seica se reúnan persoas que teñen en común nacer nun país que xa non existe. Ata que unha rapariga ofrécelle, a cambio do seu, outro mapa.

Os iugoslavos é unha obra sobre o amor, a tristeza, a procura dun lugar e a esperanza nas palabras. Os seus personaxes son dous homes que intercambian palabras e dúas mulleres que intercambian mapas.
Data/s:
19 Set 2025
Hora/s:
21:00
Duración:
90´
Público:
Adulto
Idioma/s:
Castelán

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar