MORIA E UNHA EXPERIENCIA INMERSIVA DE TEATRO DOCUMENTO. O ESPAZO ESCÉNICO SIMULA UNHA CARPA DOS CAMPOS DE REFUXIADOS
TEATRO DOCUMENTO
Este espectáculo conta a historia de dúas refuxiadas e as súas familias ás que non queda máis remedio que fuxir dos seus respectivos países. A dramaturxia sostense a partir de testemuños reais filmados no campamento de Moria baixo a supervisión de Nicolás Castellano, reporteiro especializado durante os últimos 20 anos en movementos migratorios forzosos e dereitos humanos.
TEATRO INMERSIVO
Moria é unha experiencia de teatro inmersivo. Unha forma de teatro envolvente no que o público é libre de elixir como vive a experiencia. As dinámicas e a relación co público son moi diferentes e o espectador ten a posibilidade de construír a súa propia historia. Nesta proposta o espazo cobra unha gran relevancia, chegando a incidir directamente sobre a dramaturxia.