Un profesor de Filosofía tenta falar co seu fillo, detido por queimar un colector durante unha folga de lixos. O espectador entrevé, nesta primeira escena, o tema principal da obra Nada que perder que é, precisamente, o lixo moral dos que permitiron que a treboada nos levase a un lugar onde xa non tememos nada porque xa non temos nada que perder. Pais, fillos, empresarios, avogados, policías, concelleiros, interventores, profesores, todos danse cita aquí para pór fronte a nós reflexos dunha crise de valores. Para facernos preguntas. Para movernos a preguntar. ¿Saber ou non saber? ¿A verdade ou a felicidade da ignorancia?.