Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Circo - magia - teatro de objetos - música
NILU - CIA INFINIT

Compartir:

NILU significa “auga” no sur da India, no sur da India non hai auga.
NILU é unha viaxe de resiliencia, procura e amizade que nos convida a reflexionar sobre a nosa relación coa auga e tomar conciencia da necesidade de preservar e protexer este tesouro incalculable para as futuras xeracións.

Un espectáculo poético, innovador e diferente que emociona e dános paso a vivir a vida máis intensamente, aínda que sexa só nese instante. Convídanos a sentir, sorrir, valorar o que temos e fainos reflexionar cara a onde poderiamos ir se non cambiamos o rumbo dos acontecementos. A nai-terra estánolos dicindo, pídenolo a berros, que a coidemos ou quedaremos sen ela.

A auga, a natureza, as plantas e o ser humano únense neste espectáculo para descubrirnos un novo punto de partida, unha nova esperanza.
Descubriremos como desde o amor e o coidado si consiguiremos cambiar o rumbo e crearemos un novo mundo.

NILU é unha proposta multidisciplinar para público familiar, que combina as artes circenses coa maxia, o teatro de obxectos e a música en directo.
Poesía en movemento, un espectáculo que che seca a garganta e régache o corazón.
Data/s:
30 Dec 2025
Hora/s:
18:00
Duración:
45´
Descanso:
Non
Público:
Familiar (a partir de 5 años)

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar