Olivia pídelle a Lucas, o seu compañeiro do traballo, que veña ao seu apartamento. Lucas chega puntual, crendo que se trata dunha cita que leva tanto tempo esperando. Pero os plans de Olivia son moi distintos: necesítao para evitar que a despidan do traballo. Esqueceu enviar os documentos AZ2 e agora só el pode axudala a mandalos antes de que pechen a aplicación das doce da noite. Até aquí, todos os ingredientes para crear unha comedia de malentendidos e enredos con, posiblemente, desenlace romántico. Salvo polo cadáver que Olivia esconde no armario da entrada e que Lucas esta a piques de descubrir.