Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Baile Flamenco
O CAMIÑO FLAMENCO

Compartir:

Un escenario. Un latexado. Un camiño percorrido paso a paso por decenas de mulleres que fixeron do Flamenco a súa linguaxe, o seu espazo de expresión, a súa alegría.

O Camiño Flamenco é moito máis que unha mostra de fin de curso: é unha celebración da arte jondo, unha homenaxe á aprendizaxe ompartida e unha aposta valente por levar o Teatro Principal de Ourense un espectáculo integramente Flamenco.

Todo iso sutilmente fusionado co folclore, tanto galego como doutros países, achegando novas texturas, resonancias culturais e simbólicas que enriquecen esta viaxe escénica.

Sobre as táboas, alumnas de distintos grupos uniranse para compartir o froito dun ano de traballo, entregando o público coreografías de Flamenco e Sevillanas que vibran coa paixón e a forza do sur. E como colofón, a atuación de Ainhoa Linaza co cadro Flamenco composto por Sandra Calderón o cante, Tono Alcalde á guitarra e Sabela Hermida ás palmas, que poñerá o broche profesional a unha noite que será memoria, emoción e compás.

Unha viaxe colectiva pola arte Flamenca. Un camiño aberto que comeza aquí, convosco e vós.
Data/s:
13 Xun 2025
Hora/s:
21:00
Idioma/s:
Castelán

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar