Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa: un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida.
Tailandés - Chinés - Vietnamita,
O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampoco atopa a súa irmá desaparecida.
No balcón sobre o Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta,grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos.
No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución.
Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda un moa que caeu na súa sopa tailandesa.
Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer.
O mozo chinés morre desangrado na cociña do Dragón de Ouro. Os seus colegas envólveno nun tapiz e tírano ó río, que o leva a súa casa, ata a China, imaxinando o seu derradeiro soño.
Inga, a azafata tira tamén a moa ao río.