Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
¡Estrea nacional!

Compartir:

"O grande incendio é unha fábula sobre dúas vilas situadas no val xunto a un regato e separadas por unha ponte. Por un lado do regato medran as vides e polo outro pacen bois, vacas, cabalos e ovellas.

De súpeto suceden diferentes acontecementos naturais que afectan só a un deses pobos, mentres que o outro entra nun período de prosperidade económica. Mestúrase o real coa fantasía. Apálpase a desigualdade entre ricos e pobres.

Os feitos sorprendentes comezan coa morte inexplicable dun merlo. Unha terrible seca á que segue unha enchente acaba transformando o regato en río e destrúe boa parte dunha destas vilas. Entre as desgrazas tamén se inclúe unha estraña febre contaxiosa que azouta esta mesma vila e que se cobra numerosas vítimas mortais. Xorden diferentes reaccións e inquietudes diante das catástrofes medioambientais. A distancia física e emocional segue crecendo ao longo da obra, sendo a historia dunha parella de namorados o maior contrapeso a esta separación e á perda de lazos comunitarios. Por desgraza, nin o amor pode con tanto. A disolución da unidade acaba sendo total. Cando se produce un enorme incendio na vila afectada e destrúe todo, os superviventes suben a un barco e tentan chegar ao outro lado, pero agora o regato xa é ancho coma un océano."

Data/s:
18 Xun 2025 19 Xun 2025 20 Xun 2025
Hora/s:
21:00
Duración:
100´
Descanso:
Non
Público:
Adulto
Idioma/s:
Portugués

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar