Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro Contemporáneo
O SANGUE DAS PROMESAS: INCENDIOS
¡Estrea nacional!

Compartir:

Unha muller, Nawal Marwan, acaba de morrer e hoxe abre a porta ao seu silencio e aos seus segredos. Deixa aos seus xemelgos un traxe de tea verde, un caderno vermello e dous sobres que son coma dúas caixas de Pandora dos que xorden males e marabillas.
O seu contido vainos arrastrar a unha fabulosa odisea cara a un continente afastado, cara a un pasado descoñecido, cara a un segundo nacemento. “Incendios” é demoledora, chea de teatralidade, cunha estrutura dramática intrigante que provoca e conmove. Reinventa a forma de contar unha historia e a Historia, con saltos temporais e unha guerra incesante cuxos ecos reverberan ciclicamente en moitos lugares do mundo.
Data/s:
17 Set 2026 18 Set 2026 19 Set 2026
Hora/s:
21:00
Duración:
105´
Público:
Adulto (maiores de 13 anos)
Idioma/s:
Galego Portugués

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar