Pablo Meixe deuse conta que o largo e ancho dos distintos planos da realidade pódese encontrar a persoaxes curiosos que poñen a proba o tecido da gracia e do chiste. As adolescentes xa non escoitan K-Pop e os cuñados deixaron de dar consello sobre coches de segunda man, indicando que o mundo está a piques de colapsar. Un xove deberá utilizar todas as súas versións para salvar o multiverso: Pablo (Meixe) convídanos a unha viaxe chea de humor na que falará das súas vivencias, explicará as súas desventuras e coñeceremos porqué m*erda aíndo non o expulsaron do teatro.
“Meixeverso” é un show de humor. Unha gala de premios. Unha sala de cine. Pero sobre todo unha oportunidade para conectar con un dos creadores de contenido máis punteiros do momento. E en persoa é máis alto, xa por iso deberías ir tamén.