Á partir dunha concepción predefinida, o proxecto “Pessoa... Pessoa...” vén dar forma aos poemas de Fernando Pessoa, dun xeito ousado, atrevido, sen rodeos nin secretismo. Facendo da creatividade, misturada coa liberdade de facer teatro, esa vontade tola de dar, mais dar sen nada a cambio, simplemente partindo da nada, e da nada xorden cousas fermosas, a relación, o goce, o xogo, o ser libre e leve e amar. Dúas ninfas sen barreiras de dar o que lles foi direccionado, volven máis fluídos os poemas de quen non foi comprendido no tempo e espazo da súa época. “Tenho mais almas que uma Há mais eus que eu mesmo Existo todavia Indiferente a todos Faço-os calar: eu falo Os impulsos cruzados Do que sinto e não sinto Disputam em quem sou Ignoro-os. Nada ditam A quem me sei: eu escrevo”
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN - CONCELLO DE OURENSE, CONCELLERÍA DE XUVENTUDE - CONCELLO DE OURENSE, CAFÉ AURIENSE, ACPP (ASAMBLEA DE COOPERACIÓN POR LA PAZ)