Queriamos facer o que nos tocaba hoxe. Seguir cos nosos plans, pero en ocasións a vida fainos sentir entre aspas, coma se o noso tempo estivese escrito en cursiva.
“A GUERRA QUE VIRÁ
non é a primeira. Houbo
outras guerras.
Ao final da última
houbo vencedores e vencidos.
Entre os vencidos, o pobo chan
pasaba fame. Entre os vencedores
o pobo chan la pasábaa tamén”.
E preguntámonos “Nos tiempos sombríos, cantarase, tamén? (…)” e obtemos a resposta “Tamén se cantará sobre os tempos sombríos”.
Quédanos agarrarnos a que así é a nosa natureza. Estamos feitos de supervivencia e precisamos berrar o que somos a base de dor, pranto, amor, riso… desexando que non se derrame máis sangue sobre a terra e que caia sobre nós o fluído que corre polas veas dos deuses. Á fin e ao cabo "Todo isto non é máis que puro teatro. Simples táboas e unha lúa de cartón. Pero os matadeiros que se atopan detrás, eses si que son reais"
Os textos en cursiva son de BERTOLT BRECHT