Dentro dunha tormenta de néboa, Poncia, a criada de Bernarda Alba, reza pola morte de Adela. A casa sumiuse nun mar de silencio. Poncia fala soa e tamén con elas, con Bernarda Alba e as súas fillas.
NOTA SOBRE O TEXTO
Este texto está escrito a partir das intervencións do personaxe de Poncia na obra de Federico GarcÃa Lorca. Nunha profunda análise do personaxe, rescatei as intervencións de Poncia e convertinas en reflexión, soliloquios, diálogos con pantasmas e sombras. Deste xeito, alúmase un novo mirar dentro da casa. Na obra orixinal asistimos a unha sucesión de feitos que se desenvolven en orde cronolóxica. AquÃ, nesta Poncia, non. Ela fala despois do shock producido polo suicidio de Adela. Todo ocorre despois da súa morte.